Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

As avoas explícannos como eran as festas en Valga

  Vexamos algunhas das entrevistas que fixeron os nosos reporteiros as súas avoas.  Fina Magariños Pardal, avoa de Laura Fabeiro de 4º da ESO explica como eran as festas da súa xuventude dende a súa casa de Xanza.  A avoa de Clara tamén relata como eran as festas:   https://drive.google.com/file/d/1ZUwV6C-4YQ_Jtj2jUgow74JqRAYia9NE/view?usp=drive_link Nadia entrevista a súa avoa para coñecer máis da súa xuventude :  https://drive.google.com/file/d/1cRacwtYk5isCEejYCGzakhpqlkKPvdHd/view?usp=drive_link A avoa de Raúl Barreiro de 4º da ESO cóntanos como vivía as festas na súa mocidade:  https://drive.google.com/file/d/1k_15DMIjt8yEaB_ummja16Vhc8suZN3U/view?usp=drive_link A madriña de María recorda as festas da súa mocidade como un momento de ocio moi distinto das actuais. Anotamos o calendario de festas que nos propón para non esquecernos de ningunha: https://drive.google.com/file/d/1hUQ9Acz9KCe7B-HULYJZx1QD2IEja1zL/view?usp=drive_link Aroa Castromán de 2º ESO tamén entrevista a súa bisa

As mulleres artistas na Idade Contemporánea

Imagen
Na materia de Xeografía e historia de 4º da ESO impartida polo profesor Juan Carlos Montejano o alumnado achegouse a boa parte das artistas máis destacadas da arte contemporánea. Todos os traballos poden verse no seguinte enlace:  https://drive.google.com/file/d/1k4oKAcbJWdD8w5XmQBAMKCdin-6ZTwMH/view?usp=drive_link Algúns son os seguintes:  Así, Irene Sanmarco Miguéns explicou a figura de Frida Kahlo, tal como se pode observar no seguinte enlace:  https://drive.google.com/file/d/1k4oKAcbJWdD8w5XmQBAMKCdin-6ZTwMH/view?usp=sharing Amalia Saavedra Castromán centrouse na figura da viveirense Maruja Mallo María Blanchard e a arte cubista foi o título do traballo que realizou Ana Santiago Sanmiguel para dar a coñecer a artista santanderina que segundo as palabras da alumna:  "Durante a súa vida foi tanto unha das grandes figuras do cubismo coma unha impresionante artista que, nunha sociedade onde as mulleres eran menosprezadas, conseguiu romper barreiras, deixando unha gran aportació

As avoas cóntannos como era a escola na súa mocidade

  Reproducimos boa parte das entrevistas que realizou o alumnado de diferentes cursos da ESO  Candela Abal Seco entrevistou a súa avoa. O resultado é moi interesante e sobre todo, divertido. Aquí  podémola escoitar falando das súas experciencias na escola:  https://drive.google.com/file/d/1IBP-gAva_p5EhtzrOAwagx427_W1Ag5Y/view?usp=drive_link A avoa de Susana Castaño tamén nos contou como era a súa rutina na escola:  https://drive.google.com/file/d/1uir3jMT8q22-0JYcuno7acBp_IiZCJme/view?usp=drive_link Karina del Oro Trasende gravou á súa avoa. Gracias dona Carmen por prestarse a gravación:  https://drive.google.com/file/d/1EUyWpaDfuS5un76qZeTkUhYxMVOR8s3z/view?usp=drive_link Raúl Barreiro tamén entrevistou a súa avoa:  https://drive.google.com/file/d/1lb1oP4nU3NlilJ8xpBESRE9G7OiuP4rt/view?usp=drive_link Laura Fabeiro entrevistou a súa avoa Fina Magariños Pardal. Contounos cousas ben interesantes das tarefas que tiña que facer na casa e cales son as diferenzas ca escola de hoxe.  A avo

No 8 de Marzo colaboramos tod@s

Imagen
  Concurso de chapas: de todas as imaxes recibidas estas foron as seleccionadas.  Exposicións e murais coa colaboración do alumnado

As referentes próximas das Tic

Imagen
  Os departamentos de Tecnoloxía e Inglés gravaron un vídeo no que as nosas alumnas Ainhoa Valiño Valiño de 1º bacharelato e Yaiza D. Tarrío Leiva de 2º da ESO entrevistaron a Marta Arca, xerente de proxectos da empresa Plexus Tech. Moi importante foi a colaboración de Aubrey Benmark o auxiliar de conversa de Inglés que participou activamente na gravación e na montaxe do vídeo.  O vídeo recibiu o premio da III edición do concurso de vídeos "Informatízate" da Escola Técnica Superior de Enxenaría (ETSE). Na foto que segue vemos aos premiados:  Noraboa aos premiados!

A voz da filosofía en feminino

Imagen
O alumnado de 4º da ESO que cursa Filosofía elaborou despois dun arduo traballo de investigación un periódico que leva por título A Voz da Filosofía. Os reporteiros abordan temas tan interesantes como a figura de Simone de Beauvoir, Hiparquía, Emile du Chatelet, Hipatia ou unha interesante entrevista a Celia Amorós.  Pódese ver o resultado final no seguinte enlace: https://drive.google.com/file/d/1EuH24Hj_VUwAU2fAwbEvaIKpLBD_PwmM/view?usp=drive_link

Alba e Noelia explican quen é María Josefa Wonenburger Planelss

Imagen
  As alumnas de 1º de Bacharelato Noelia Bouzas e Alba Manni explícannos quen é a matemática que dá o nome aos premios que destacan a mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras científicas.  As alumnas fixeron un percorrido pola exposición chegada da Unidade de Igualdade da Consellería que albergou o noso centro durante o mes de abril. 

Investigando na mocidade das avoas

 O alumnado de 2º e de 4º da ESO crearon dúas entrevistas para facerlles as mulleres máis que tiñan ao seu arredor. Boa parte deles escolleron as súas avoas, se ben, outros escolleron as súas nais. De todas elas descubriron e descubrimos cousas ben interesantes.  Os temas nos que nos centramos foron a escola e as festas. Velaiquí as entrevistas que lles fixeron:  As festas en Valga Nome d@ entrevistador@ ______________________________________________________ Nome da entrevistada _________________________________________________________ Data de nacemento ___________________________ Data da entrevista _______________ Lugar de nacemento/realización da entrevista ___________________________________   1. Como recorda as festas na súa xuventude? 2. A que hora se iba as festas?   A que hora se voltaba? 3. Podía dormir toda a mañá despois de ir de festa? 4. Que tipo de música se escoitaba? 5. Estreábase roupa o día da festa? 6. Recorda festas que se asociasen a labores do

Os rapaces tamén cosemos

Imagen
  O Comité de Igualdade do centro en colaboración co proxecto Polos Creativos e coa materia de Proxecto Competencial ofrecida polo Departamento de Matemáticas puxo en marcha sesións de "Costura para todos".   Da man de Sarai, alumna do Ciclo de Fp Básica de Agroxardinaría, descubrimos a máquina de coser e traballamos con ela.  O alumnado participou de forma moi activa nas varias sesións nas que traballaron coa máquina de coser.  Aprendemos moito! Gracias por ensinarnos Sarai!

O 25 de novembro no IES de Valga - Donas de si - Comité de Igualdade

Imagen
O departamento de Plástica e o seu alumnado deseñou unhas plantillas que recollesen os todos os tipos de mulleres que poden sufrir violencia de xénero. Colocaron as "figuras negras" en distintos espazos do centro recordándonos que todos somos "elas".  O alumnado da materia de inglés en distintos cursos realizou carteis onde mostraban a súa repulsa a violencia de xénero. Tamén dicimos NON en outros idiomas! O alumnado de 3º  da ESO participou na Cidade da Cultura nunha actividade que reflexionaba sobre os estereotipos da violencia de xénero, as súas formas, os procesos... Practicaron a expresión oral, escrita e plástica e visual. A parte lúdica e práctica rematou coa creación de carteis que logo foron expostos no centro o día 25 de novembro. 

O día das escritoras no IES Plurilingüe de Valga

Imagen
  O 17 de outubro celebramos na bibiloteca o Día das Escritoras . Ademais da lectura de textos de autoras consagradas contamos coa lectura de textos de autoras máis coñecidas para nós: as nosas alumnas. Na biblioteca produciuse un encontro de alumnas escritoras para daren a coñecer os seus textos. É necesario recoñecer o talento que temos máis preto. Son todas as que están, pero non están todas as que son.  Grazas a todas por participar! #díadasescritoras #17deoutubro #ofaladoirodevalga